registro usuarios

redes sociales 2

FacebookGoogle BookmarksRSS Feed

Simple Responsive Menu

clima en la coruña

El tiempo - Tutiempo.net

fases lunares

 

calendario

Febrero 2018
4LMMJVSD
051234
06567891011
0712131415161718
0819202122232425
09262728

reloj

Contenido flash alternativo

Para ver este flash necesitas tener activado javascript en tu navegador y actualizada la versión de reproductor flash.

Obtener Adobe Flash player

noticias recientes

enlaces a webs amigas

logo miguel pesca

 

surfcasting

 

logo cabecera


Breadcrumbs

contador de visitas

44670
hoyhoy449
ayerayer1425
esta semanaesta semana5027
este meseste mes17588
totalestotales44670

quien esta conectado

Hay 61 invitados y ningún miembro en línea

Carta do CIT da Pontenova a “Caza e Pesca da Galega”

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to Twitter
Print Friendly, PDF & Email

Carta do CIT da Pontenova a “Caza e Pesca da Galega”

JAVIER_ROIS_Presiddente_do_CIT

Respetado Sr. Rodrigo Pérez Pardo:

O Club de Pesca do Centro de Iniciativas Turísticas de A Pontenova faille chegar a resolución do acordo adoptado por unanimidade en Asamblea polo que nos desvinculamos totalmente da Federación Galega de Pesca.
Os antecedentes desta drástica medida están en que a Federación Galega de Pesca no calendario deportivo deste ano situou os campionatos provinciais de pesca a mosca o día 1 de maio, a mesma data da Festa da Troita de A Pontenova na que organizamos o Concurso de Pesca a Mosca dende hai 9 anos.

Ante a imposibilidade de que os deportistas da federación poidesen vir ao noso concurso, como fixeron en anos anteriores, tentamos que a federación cambiase a data dos provinciais ao 23 de abril, día en que terán lugar os provinciais de lance. A permuta de ambas datas sería o mais satisfactorio para todos.

Con excusas que non entendemos, a federación non accedeu a cambiar a data causándonos un inestimable perxuicio porque xa tiñamos confirmada a participación de dous campións do mundo.
Nun intercambio de correos, a federación botoulle a culpa ao calendario da Federación Española pero o calendario da galega é independente do da española.

Hai uns días levaron o tema á Asamblea da Federación e votaron en contra do cambio de datas pero a decisión xa estaba tomada anteriormente.

O CIT da Pontenova sabe que a raiz da nosa saída da federación, outros dous clubes tamén decidiron quedar á marxe das incompetencias federativas (Amigos do Miño de Castro de Rei e S.D. Rodeo de Ribeiras de Piquín).

E tamén xa podemos dar difusión a que 12 competidores federados non asistirán aos provinciais de mosca da federación por estar presentes no Concurso de Pesca a Mosca da Pontenova.
Débennos perdoar vostedes que indiquemos que esta polémica está moi presente nas redes sociais e en moitas páxinas web que todos coñecemos pero vostedes no programa non fixeron ningunha alusión á mesma.

Dase a circunstancia de que agora en “Caza e Pesca na Galega” só se fala da federación. Nunca ou prácticamente nunca falan dos vertidos, das polémicas, dos problemas que ten o sector da pesca continental. Permítannos a crítica constructiva.

E hai un agravante, que un dos asesores do programa, o Sr. Bolaño, é da Directiva da Federación polo que certas omisións ou vetos non se entenden.

Lamentamos aseverarlle que hai moitos comentarios no colectivo de pescadores que non están de acordo coas versións que vostedes divulgan e, a todas luces, hai concursos e nomes que están vetados. Por exemplo, nunca deron os gañadores dos concursos nosos.

En aras do pluralismo e o respecto á liberdade, agardamos que dean lectura íntegra a este comunicado e non estaría de máis que nos indicasen cales son os criterios para que no programa non falen todos, absolutamente todos os que facemos algo pola pesca en Galicia.

Vostedes convertiron ese espacio nun reducto privado da federación e mentres para uns hai entrevistas e dan resultados, para outros non hai unha triste mención cando traballamos igual ou mais que eles.

Como medio público creemos que están moi lonxe da pluralidade e da liberdade que nos respaldan e amparan a todos.

Dicimos isto co maior respeto e dende a crítica que podemos exercer por tratarse dun medio público pagado por todos os pescadores onde so sae unha parte pequena do colectivo.

Atentamente e quedando ao seu dispor.

Javier Rois, Presidente do CIT de A Pontenova.

You have no rights to post comments