Nice Social Bookmark
FacebookTwitterGoogle BookmarksRSS Feed
webs muy interesantes
paginas webs de Ignacio Gallego Unzué
calendario lunar
«  noviembre 2017  »
lunmarmiéjueviesábdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930


45.7%Spain Spain0.8%Japan Japan
24.8%United States United States0.4%El Salvador El Salvador
7.7%Canada Canada0.4%Sweden Sweden
7.3%China China0.4%Indonesia Indonesia
2.4%United Kingdom United Kingdom0.4%Netherlands Netherlands
2%Russian Federation Russian Federation0.4%Romania Romania
2%Mexico Mexico0.4%Poland Poland
1.2%France France0.4%Islamic Republic Of Iran Islamic Republic Of Iran
1.2%Republic Of Korea Republic Of Korea0.4%Italy Italy
0.8%Germany Germany0.4%Ukraine Ukraine

Ayer: 5
Semana pasada: 21
Este mes: 56
Mes pasado: 85
Total: 20305


JoomlaWatch 1.2.12 - Joomla Monitor and Live Stats by Matej Koval
noticias recientes
ANTERIOR SIGUIENTE

VII OPEN DE PESCA A MOSCA DEL REO RIO MANDEO

VII OPEN DE PESCA A MOSCA DEL REO RIO MANDEO

VII OPEN DE PESCA A MOSCA DEL REO RIO MANDEO Horarios de pesca y lugares de concentración y cena La concentración será a las 7:30 de la mañana en el bar o cruceiro de coiros.Donde desayunaremos y se repartirán las plicas asi como las instucciones oportunas, en la salida hacia los puestos...

jose luis SE EL PRIMERO EN COMENTAR! 24 Ago 2016 Hits:2793 noticias

LEER MAS

MORALEJO 4.0

MORALEJO 4.0

MORALEJO 4.0 fuente www.miguelpesca.com Hola Doc.Ya se que las modernidades virtuales no te gustan pero hay que “arrombarse” a los tiempos…Hace cuatro años. Fue ayer, y sigue siendo ayer, pero en el calendario son cuatro años, oye.Para nosotros fueron pasando las hojas de los meses y cayendo las de...

jose luis COMENTARIOS(1) 25 May 2016 Hits:2334 noticias

LEER MAS

XXII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

XXII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

XXII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

jose luis COMENTARIOS(1) 13 May 2016 Hits:2090 noticias

LEER MAS

CLASIFICACION CONCURSO MOSCA A PONTENOVA 2016

CLASIFICACION CONCURSO MOSCA A PONTENOVA 2016

CLASIFICACION CONCURSO MOSCA A PONTENOVA 2016

jose luis SE EL PRIMERO EN COMENTAR! 01 May 2016 Hits:4221 noticias

LEER MAS

MIGUEL PESCA-MEMORIAL DR JJ.MORALEJO

MIGUEL PESCA-MEMORIAL DR  JJ.MORALEJO

MIGUEL PESCA-MEMORIAL DR  JJ.MORALEJO   Se clasifican:Ganador de 2015 – Dani MeraPor Concurso de Waldemar – 4 primeros clasificadosPor Santiaguiño do Monte – 4 primeros clasificadosPor Cidade de Narón – 4 primeros clasificadosPor Concurso do Eo – 4 primeros clasificadosPor Open do Mandeo -2 primeros (pareja ganadora)Por Open de Ombreiro -2 primeros...

jose luis COMENTARIOS(1) 14 Abr 2016 Hits:3262 noticias

LEER MAS
inicio noticias noticias MANIFESTO A PROL DA RECUPERACIÓN DO RÍO SAR

MANIFESTO A PROL DA RECUPERACIÓN DO RÍO SAR

A TODOS LOS QUE QUIERAN COLABORAR QUE DESCARGUEN EL DOCUMENTO Y UNA VEZ LLENO DE FIRMAS HACERLO LLEGAR A


(BAR MEXICO, A PICARAÑA 15.900 PADRON , Telf.-981 803009 ) o a cualquier colaborador de la plataforma.

Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

descarga del documento


MANIFESTO A PROL DA RECUPERACIÓN DO RÍO SAR
Os/As abaixo asinantes, fondamente preocupados polo deterioro do río Sar,
MANIFESTAMOS:
- Como calquera outro río, o Sar constitúe un ecosistema que en si mesmo debe estar
caracterizado por uns parámetros fisico-químicos que permitan a vida animal e vexetal en
toda a súa diversidade, así como o consumo e uso da súa auga pola nosa propia especie. Sen
embargo a utilización do cauce do Sar como un vertedoiro de refugallos foi incrementándose
nos últimos trinta anos, de tal forma que é causa ano tras ano de considerables
mortandades nas especies que habitan este ecosistema. Non se ve unha manifesta
determinación por parte dos poderes públicos para poñer fin a esta situación de deterioro,
limitándose ata agora a boas palabras e mesmo a poñer a etiqueta de LIC a este río, mais sen
unha xestión consecuente deste LIC, como se os problemas se resolvesen por si sós, antes
polo contrario miopes políticas locais permitiron a ubicación de industrias e vivendas en
zonas con alto risco de inundación coas consecuencias de todos coñecidas, ademais de
incrementar os problemas ambientais.
- Esta degradación do ecosistema, nefasta para as diversas especies animais e vexetais,
tamén pode ser causa de problemas de saúde nas persoas. Abonda de abandono, de mirar
para outro lado, da perpetuación deste deterioro.
- Ao mesmo tempo compre sinalar que o Sar é moito máis ca un río. Ao longo das súas
ribeiras mosteiros e igrexas, pazos ou castros son unha permanente lección de historia, da
historia do noso país, de nós mesmos. O Sar foi o camiño pretendido polos normandos para
buscar as riquezas de Compostela e anteriormente, segundo a tradición, polas súas ribeiras
os discípulos de Santiago levaron o seu corpo de Padrón ao Campus Stellae. Ao pe do Sar os
suevos situaron a sede episcopal de Iria e as súas paisaxes foron a fonte de inspiración
dunha das grandes figuras da nosa cultura: Rosalía de Castro. O Sar é cultura e historia, e
pode ser fonte de recursos e de creación de riqueza.
Polo devandito e considerando que:
- o artigo 43 da vixente Constitución española recoñece o dereito á saúde, e que corresponde
aos poderes públicos tutelar a saúde pública mediante as correspondentes medidas
preventivas e no seu caso correctivas,
- o artigo 45 da vixente Constitución española recoñece que todos temos dereito a disfrutar
dun medio ambiente adecuado e que os poderes públicos teñen a obriga de defender e
restaurar o medio ambiente,
- o río Sar forma parte dun espazo natural xa protexido, o LIC Ulla-Deza,
- os compromisos do Estado Español coa Unión Europea en materia ambiental
SOLICITAMOS
A intervención sen máis demoras das distintas administracións públicas para reconducir
esta situación. Tal intervención debe contemplar:
1.- A dotación de instalacións de depuración de augas residuais para toda a poboación da
súa cunca, con expresión de prazos concretos, e en habéndoas, a realización de revisións
periódicas para garantir o su correcto funcionamento.
2.- A consideración especial deste ecosistema nos PXOM dos respectivos concellos.
3.- A vixiancia permanente do cauce e ribeiras para evitar focos puntuais de contaminación
debidos a núcleos habitados, industrias, actividades agrarias ou a calquera outra, ordenando
as sancións que a lexislación prevea no caso da vulneración da normativa, así como para o
control de calquera outra actividade irregular e tamén procurando a erradicación de especies
invasoras existentes no mesmo.
4.- A efectos da eficacia das medidas estimadas instamos ás diversas administracións a
establecer, sen demoras e con prazos concretos, unha xestión coordenada entre si e con
outras administracións, cada unha no ámbito das súas competencias. A efectos da mesma
eficacia, que non pode limitarse aos prazos polos que se anovan periódicamente os nosos
xestores, demandamos a participación e compromiso dos distintos partidos políticos e a
unanimidade na toma destes e outros acordos que teñan o mesmo fin, co obxecto de garantir
unha xestión continua a medio e longo prazo.
5.- Invitamos aos nosos xestores públicos a recuperar esta paisaxe e a establecer un
itinerario natural-cultural desde o mesmo nacemento do Sar ata a súa desembocadura, na
consideración de que o mesmo será fonte de creación de postos de traballo e de satisfacción e
de saúde para todos.


Actualizado (Jueves, 29 de Diciembre de 2011 18:39)

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar