registro usuarios

redes sociales 2

FacebookGoogle BookmarksRSS Feed

Simple Responsive Menu

clima en la coruña

El tiempo - Tutiempo.net

fases lunares

 

calendario

Junio 2018
4LMMJVSD
22123
2345678910
2411121314151617
2518192021222324
26252627282930

reloj

Contenido flash alternativo

Para ver este flash necesitas tener activado javascript en tu navegador y actualizada la versión de reproductor flash.

Obtener Adobe Flash player

noticias recientes

enlaces a webs amigas

logo miguel pesca

 

surfcasting

 

logo cabecera


Breadcrumbs

contador de visitas

110685
hoyhoy341
ayerayer531
esta semanaesta semana1370
este meseste mes7100
totalestotales110685

quien esta conectado

Hay 199 invitados y ningún miembro en línea

VI Campionato de Pesca “Terra de Melide”

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to Twitter
Print Friendly, PDF & Email

 

VI Campionato de Pesca “Terra de Melide”

 

                     Cartel_Campionato_2011

O vindeiro 9 de abril terá lugar o VI Campionato de pesca “Río Furelos”. A directiva da Asociación quere facer público este comunicado para coñecemento de todos aqueles que desexen participar, e dado que a data xa está próxima, imos concretar certos aspectos que poden ser de interese para os que quixeren participar.
O número de prazas é limitado, por iso cómpre inscribirse. A data límite para facelo é o 6 de abril, a través da páxina web da asociación: www.riofurelos.es, ou por medio dun correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Tamén por teléfono, chamando ao nº 696 607 348.
Os participantes teñen que se comprometer a vir acompañados de xuíz e utilizar exclusivamente cebo artificial. Cada un dos pescadores terá un tramo de río debidamente sinalizado de 600 metros. Se quixeran asistir ao sorteo dos inscritos, saiban que terá lugar o xoves 7 de abril, ás 13:30 h. na Cervexería Orois de Melide.
A organización empraza aos participantes que saísen agraciados no sorteo a concentrárense o sábado día 9, ás 7,30 h. na Churrería O Burato de Melide, para dirixírense ao río e comezar ás 8,30 h. a competición, cada un no tramo de río que lle correspondese. Ás 13:00 h. darase por finalizado o campionato para que o xurado tome nota das capturas ao tempo que rexistra a medida dos exemplares.
No xantar, que terá lugar no Hotel Carlos’96 ás 14,30 h. (a un prezo de 15 € por persoa), autoridades do Concello e representantes da Asociación farán entrega de premios aos gañadores e agasallos ao resto dos participantes.
Antes de rematar, queremos pór de manifesto e agradecer o crecente número de empresas (este ano xa superan as 25) que nos apoian, tal como se pode ver nos carteis que anuncian esta VI edición. Precisamente a elas debemos o feito de non termos que reducir os gastos malia a crise que nos asolaga. Haberá, coma en anos anteriores, máis de 2.500 € en premios e material de pesca para distribuír entre os gañadores e os participantes. É obrigado, así mesmo, facer mención á colaboración que nos prestan entidades como o Concello, a Deputación e a Xunta de Galicia.
Só nos queda agardar que o bo tempo nos acompañe e que o río sexa xeneroso cos pescadores, que xa sabemos que habelencia nos lles ha faltar.
Xavier Pazo Blanco, Presidente da Asociación


                                                           

You have no rights to post comments