Nice Social Bookmark
FacebookTwitterGoogle BookmarksRSS Feed
webs muy interesantes
paginas webs de Ignacio Gallego Unzué
calendario lunar
«  septiembre 2017  »
lunmarmiéjueviesábdom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930


60.8%Spain Spain0.5%Sweden Sweden
14.9%United States United States0.2%Pakistan Pakistan
7.7%Canada Canada0.2%Chile Chile
5.3%China China0.2%Portugal Portugal
3.4%France France0.2%Venezuela Venezuela
2.1%Russian Federation Russian Federation0.2%Republic Of Korea Republic Of Korea
1%United Kingdom United Kingdom0.2%Japan Japan
0.8%Germany Germany0.2%Ukraine Ukraine
0.5%Italy Italy0.2%Slovakia Slovakia
0.5%Mexico Mexico

Hoy: 1
Ayer: 3
Esta semana: 19
Semana pasada: 32
Este mes: 91
Mes pasado: 165
Total: 20476


JoomlaWatch 1.2.12 - Joomla Monitor and Live Stats by Matej Koval
noticias recientes
ANTERIOR SIGUIENTE

VII OPEN DE PESCA A MOSCA DEL REO RIO MANDEO

VII OPEN DE PESCA A MOSCA DEL REO RIO MANDEO

VII OPEN DE PESCA A MOSCA DEL REO RIO MANDEO Horarios de pesca y lugares de concentración y cena La concentración será a las 7:30 de la mañana en el bar o cruceiro de coiros.Donde desayunaremos y se repartirán las plicas asi como las instucciones oportunas, en la salida hacia los puestos...

jose luis SE EL PRIMERO EN COMENTAR! 24 Ago 2016 Hits:2512 noticias

LEER MAS

MORALEJO 4.0

MORALEJO 4.0

MORALEJO 4.0 fuente www.miguelpesca.com Hola Doc.Ya se que las modernidades virtuales no te gustan pero hay que “arrombarse” a los tiempos…Hace cuatro años. Fue ayer, y sigue siendo ayer, pero en el calendario son cuatro años, oye.Para nosotros fueron pasando las hojas de los meses y cayendo las de...

jose luis SE EL PRIMERO EN COMENTAR! 25 May 2016 Hits:1988 noticias

LEER MAS

XXII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

XXII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

XXII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

jose luis SE EL PRIMERO EN COMENTAR! 13 May 2016 Hits:1862 noticias

LEER MAS

CLASIFICACION CONCURSO MOSCA A PONTENOVA 2016

CLASIFICACION CONCURSO MOSCA A PONTENOVA 2016

CLASIFICACION CONCURSO MOSCA A PONTENOVA 2016

jose luis SE EL PRIMERO EN COMENTAR! 01 May 2016 Hits:3971 noticias

LEER MAS

MIGUEL PESCA-MEMORIAL DR JJ.MORALEJO

MIGUEL PESCA-MEMORIAL DR  JJ.MORALEJO

MIGUEL PESCA-MEMORIAL DR  JJ.MORALEJO   Se clasifican:Ganador de 2015 – Dani MeraPor Concurso de Waldemar – 4 primeros clasificadosPor Santiaguiño do Monte – 4 primeros clasificadosPor Cidade de Narón – 4 primeros clasificadosPor Concurso do Eo – 4 primeros clasificadosPor Open do Mandeo -2 primeros (pareja ganadora)Por Open de Ombreiro -2 primeros...

jose luis SE EL PRIMERO EN COMENTAR! 14 Abr 2016 Hits:2983 noticias

LEER MAS
inicio noticias noticias resolucion del comite gallego de justicia deportiva

                resolucion del comite gallego de justicia deportiva

RESOLUCIÓN DO COMITÉ GALEGO DE XUSTIZA DEPORTIVA


En Santiago de Compostela, a 28 de xaneiro de 2011, reunido o Comité Galego de Xustiza Deportiva en sesión plenaria celebrada o  día da data,  resolveu o recurso nº 89/10-PEF, interposto a través de escritos presentados por D. Óscar Gayoso Castro e D. Eduardo Palacios Masede, polos que recorren contra a desestimación, por silencio, dos recursos presentados pola súa parte perante a Xunta Electoral da Federación Galega de Pesca e Casting en data 13 de decembro de 2010, polos que denunciaban unha serie de feitos acontecidos nas eleccións a membros da Asemblea Xeral da citada Federación na Mesa Electoral de Lugo.
ANTECEDENTES DE FEITO

PRIMEIRO.- Con data 17 de decembro de 2010 recibise no CGXD escrito presentado por D. Óscar Gayoso Castro, como interesado no proceso electoral da Federación Galega de Pesca e Casting (en diante, FGPC), na súa condición de candidato ao estamento de deportistas na provincia de Lugo, polo que viña a interpoñer recurso contra a desestimación, por silencio, do recurso previamente interposto pola súa parte perante á Xunta Electoral da FGPC, recurso no que poñía de manifesto unha serie de feitos que, ao seu entender, invalidarían as eleccións celebradas na provincia de Lugo polo estamento de deportistas.
Polo mesmo escrito, o recorrente viña a interesar a suspensión cautelar do proceso electoral, en base as consideracións que constan no mesmo.
Coa mesma data recibiuse no CGXD escrito presentado por D. Eduardo Palacios Masede, polo que viña a interpoñer recurso contra a desestimación, tamén por silencio, do seu previo recurso interposto perante á Xunta Electoral da FGPC, polo que viña a denunciar que a Oficina Electoral de Lugo estaba pechada antes da hora estipulada ao efecto, polo cal, téndose presentado para exercer na mesma o seu dereito ao voto ás 21:30 horas, xunto con outros compañeiros, non puido exercitalo.
SEGUNDO.- Por providencia de data 22 de decembro de 2010 acordouse a admisión a trámite dos devanditos recursos, así como a súa acumulación, por gardar identidade substancial entre eles, de conformidade con artigo 73 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Común,  dándose traslado do mesmo ao Presidente da Xunta Electoral da FGFC, ao efecto de que remitise a este CGXD informe e expediente sobre o mesmo, en prazo de tres días.
Pola mesma providencia acordouse denegar a medida cautelar solicitada por D. Óscar Gayoso Castro.
TERCEIRO.- A Xunta Electoral cumprimentou en prazo o requirimento efectuado, co resultado que obra no expediente.
CUARTO.-  Por providencia de 20 de xaneiro de 2011 declarouse concluso o expediente, poñéndoo de manifesto  aos interesados, a fin de que, se o entendían oportuno ou necesario, fixeran alegacións finais.
Dentro de tal prazo non se fixo alegación algunha.
Foi  relatora Dª. Mª. Esther Blanco Piay

FUNDAMENTOS DE DEREITO

PRIMEIRO.-  Céntrase o presente expediente en determinar si as eleccións a representantes da Asemblea da FGPC polo estamento de deportistas celebradas o 12 de decembro de 2010 na sede electoral correspondente á provincia de Lugo estiveron viciadas, ou non, de irregularidades de entidade tal que as invaliden, facendo necesario retrotraer o proceso electoral ata tal intre, de xeito que se repitan dende entón.
E, ao respecto, non está de mais recordar cales foron as alegacións dos recorrentes, e cal a postura mantida fronte a elas por parte da Xunta Electoral da FGPC.
Así, por parte do recorrente D. Eduardo Palacios Masede, fíxose unha invocación concreta, cal foi a de denunciar que as 21:30 horas do día 12 de decembro de 2010 non puido, ao igual que outros compañeiros, exercer  o seu dereito ao voto, por estar pechada a Oficina Electoral sita no local da Parroquia de San Antonio, na Rúa Tui de Lugo.
Recordemos, neste sentido, que de acordo co disposto polo artigo 6.º do Regulamento Electoral da FGPC o horario de apertura da Mesa era de 18 a 22 horas.
Pola súa banda, o recorrente, D. Óscar Gayoso Castro fixo constar na súa denuncia os seguinte feitos:
- Que ás 21:20 horas do día 12 de decembro de 2010, xunto con un xornalista, presentouse na sede electoral de Lugo, sita na devandita Rúa Tui da cidade, para acudir, en tanto que interesado (o recorrente era candidato á Asemblea, polo estamento de deportistas), ao peche da mesa e reconto dos votos, pero que non puido acceder á mesma, por estar pechada a tal hora.
- Que logo se trasladou ao establecemento hostaleiro do Presidente da FGPC onde, pese a estar pechado ao público, logo lle abriron, e preguntando aos presentes o por qué estaba pechada a sede electoral dixéronlle que por estar esgotado o 100% do censo de votantes.
- Segundo manifesta, despois comprobou telefonicamente que tal cousa non fora así, xa que alomenos un votante non puido exercer o dereito ao voto, remitíndose, de feito, ao recurso do Sr. Palacios Masede.
- Manifesta, tamén, que recibiu chamadas telefónicas, primeiro do Secretario da Xunta Electoral, dicíndolle que era certo que non votara o 100% do censo no momento de pechar a mesa electoral, e logo, segundo di, do Delegado federativo de Lugo, o cal lle intentaba xustificar o peche anticipado da mesa co argumento de que o resultado electoral non variaría, aínda si se emitiran todos os votos.
- Que  ante a ausencia ás 18:00 horas dos tres titulares e mais dos tres suplentes compoñentes da Mesa Electoral, no propio acto da votación decidiuse, por acordo entre o Secretario da Xunta electoral, D. José Antonio Rodríguez Guerra, D. Lisardo Serafín Pardo López, candidato polo estamento de deportistas, e unha terceira persoa chamada Armando, constituír eles a Mesa Electoral, actuando como membros da mesma, pois, en todo momento.
- Que seguindo instrucións de D. José Antonio Rodríguez Guerra, como Secretario da Xunta Electoral, pediulle aos seus votantes que marcaran dous deportistas nas súas papeletas, xa que, segundo lle dixo o citado Secretario, a el lle comentaran o Secretario en funcións da FGPC e mailo Delegado da FGPC de Lugo que así tiña que facerse, o cal ao seu entender é claro que o prexudicou, dado que os seus votantes (22 segundo o reconto de votos) “regalaron” 22 votos repartidos entre os outros dous candidatos.
- Que o día 16 de decembro de 2010 o Secretario da Xunta Electoral, Sr. Rodríguez Guerra, publicara na súa páxina web un documento que clarificaría os feitos, do cal adxunta copia. Documento do que se extrae a afirmación do devandito Secretario de  que na provincia de Lugo, a diferenza do que aconteceu nas provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra, houbo que marcar non un, senón dous candidatos nas listas de deportistas; o cal ó seu xuízo era inxusto, e facía competir en desigualdade de condicións, polo cal xa remitira escritos á Secretaría Xeral para o Deporte e mais a este CGXD solicitando formalmente á anulación das votacións a representantes da Asemblea da FGPC polo estamento de deportistas da provincia de Lugo.
Pola súa banda, á vista dos recursos presentados, o Presidente da Xunta Electoral remitiu informe polo cal, basicamente, veu a dar contestación  aos alegatos reflectidos no escrito do Sr. Gayoso.
En tal sentido, no Informe maniféstase que:
- A Mesa electoral de Lugo estivo constituída por D. Antonio Guerra como Presidente, D. Armando Teijeiro como Vocal, e D. Lisardo Pardo, os cales, segundo di, estarían ao pe de mesa dos locais habilitados para exercer o dereito ao voto, as 21:20 horas.
- Que o establecemento hostaleiro do Presidente da FGPC (á que se fai referencia no escrito do Sr. Gayoso), está pechado ao público os domingos.
- Que o Sr. Guerra era a persoa indicada para respostarlle ao Sr. Gayoso á súa pregunta de por qué a mesa electoral estaba pechada antes de tempo, xa que era a persoa adecuada para informar sobre o reconto de votos.
- Que descoñece calquera feito relacionado con chamadas telefónicas que puidera ter feito ou recibido o Sr. Gayoso.
- Que o recurso previamente presentado perante á Xunta Electoral non foi atendido por defecto de forma, ao non terse identificado o recorrente de inicio, nin ratificado a posteriori, pese a ser requirido para elo.
- Que en previsión de varias ausencias comunicadas telefonicamente, membros da FGPC, candidato e Secretario da Xunta Electoral achegáronse á Mesa Electoral, para garantir á súa constitución, constituíndoa e pechándoa no horario reflectido no Acta.
- Que a presenza na Mesa Electoral do candidato Sr. Pardo López se debeu a un requirimento ao efecto por parte do Secretario da Xunta Electoral, que actuou como Presidente da Mesa, ao non estar ningún elector nin elixible presentes.
- Que descoñece as recomendacións que lle fixo o Secretario da Xunta Electoral ao Sr. Gayoso en materia de votacións. Tamén descoñece o cargo de “coordinador electoral”.
- Que a Xunta Electoral descoñece a intención dos votantes, que se trata de listas abertas, e nas instrucións só se fixaba “marcar só a dous” dos tres da papeleta, para evitar a nulidade do voto. Que si o Sr. Gayoso resultou prexudicado polo sistema acordado de votación, ben podía ter presentado outro candidato mais, sinalando os resultados das papeletas de votación.
- Remata sinalando -sen impugnalo- que un blog (por referencia ao do Secretario da Xunta Electoral, Sr.Guerra, cuxas manifestacións nel se aportaron por parte do Sr. Gayoso en forma de documento anexo ao seu recurso) é un lugar de opinión, onde se reflexiona sobre uns feitos, e non pode ser considerado proba; e solicitando a admisión como proba da emisión, o 25 de decembro de 2010, do programa “Ríos e Montes” da CRTVG.

SEGUNDO.- Reseñadas, pois, as argumentacións dos recorrentes e mais da Xunta Electoral, resulta bastante claro que o tema que nos ocupa é un tema de invocacións eminentemente formais, polo cal cómpre ir analizándoas, á vista tanto das alegacións das partes, como da documentación obrante no Expediente remitido pola Xunta Electoral da FGPC, e da documentación anexa ao recurso interposto polo Sr. Gayoso, que si se entende probatoria e de interese para o asunto, na medida en que se refire de forma directa ao mesmo.
Neste sentido, vistos os argumentos sobre os que se asentan os recursos interpostos, cómpre entrar, en primeiro lugar, na invocación que se fai polo Sr. Gayoso respecto da constitución da Mesa Electoral da provincia de Lugo.
E, ao respecto, non cabe senón darlle a razón ao mesmo, cando postula a súa inadecuada constitución, xa que é principio democrático elemental, e de mínima e rigorosa observancia, polo tanto, o de que os candidatos non poden formar parte de ningún dos órganos que teñen atribuídas funcións no proceso electoral.
De feito, a Orde de 8 de setembro de 2010, pola que se estableceron os criterios para a elaboración dos regulamentos e a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas establéceo de forma expresa para os membros da Xunta Electoral (artigo 5), sendo obvio que similar norma debe de aplicarse para os membros das Mesas Electorais, mais aínda cando teñen normativamente atribuídas, entre outras, funcións de reconto de votos e de reflexo de calquera incidencia que ocorra no acto da votación (artigo 6 da Orde).
Pero é que non só o candidato, Sr. Lisardo Pardo López estaba incurso en situación que o inhabilitaba para actuar coma membro desta Mesa, senón que tampouco podía facelo o Sr. Rodríguez Guerra, en tanto que Secretario da Xunta Electoral, sendo que non cabe simultanear tales cargos, por razóns igualmente obvias que se derivan, sen ir mais lonxe, do propio feito de que ambos os dous órganos parecen expresamente previstos e diferenciados a nivel normativo. Diferenciados tanto en canto aos seus compoñentes, como en canto ás funcións que lle corresponden a cada un deles, entre outras á Xunta Electoral, a de elixir [e non en calquera momento, senón no indicado no Regulamento Electoral], aos membros da Mesa Electoral. Non caberá, polo tanto, a “autoelección”, nin tan sequera en supostos como o que o que se di que sucedeu, de que non se presentou ningún dos membros (nin titulares nin suplentes), da citada Mesa Electoral.
Da mesma forma que tampouco é posible, no intre mesmo das votacións e por decisión unilateral de ninguén, nomear a un membro novo para tal Mesa, que foi o que aconteceu respecto do Vocal-Secretario D. Armando Teijeiro.
Non cabe, polo tanto, validar a actuación da Mesa Electoral de Lugo, por estar viciada de causa de nulidade, ao ser manifesto que os que actuaron coma membros dela carecían da imprescindible competencia ao efecto.
E neste sentido, e de cara á repetición do proceso que necesariamente ha de acordarse, e conveniente recordarlle á FGPC que, de conformidade co disposto pola Orde de 8 de setembro xa citada, no seu artigo 6, e de conformidade co disposto polo artigo 6 do seu propio Regulamento Electoral, as Mesas Electorais teñen que estar compostas por tres membros titulares (Presidente, Secretario e Vocal) e por tres suplentes dos mesmos  [todos os cales foron elixidos no seu día],  sendo que á súa asistencia é obrigatoria, salvo causa xustificada que deberá ser autorizada pola Xunta Electoral.

TERCEIRO.-   Con independencia do antedito, cómpre entrar a valorar, igualmente, as alegacións de ambos os dous recorrentes, Sres. Gayoso e Palacios, no sentido de que a Mesa Electoral estaba pechada antes de rematar o horario de votacións.
E, ao respecto, dicir que si ben tal extremo non aparece constatado de forma irrefutable, si hai aparencia de certeza da devandita alegación toda vez, ademais de ser argumentos esgrimidos por ambos os dous recorrentes, resulta sintomático que no seu Informe o Presidente da Xunta Electoral se limite a afirmar que a mesma estaba en funcionamento ás 21:20 horas do día 12 de decembro de 2010, sen dicir nada respecto de si estaba constituída, ou non, as  21.30 horas -hora á que o Sr. Palacios sostén que foi votar, non resultándolle posible facelo por tal circunstancia-,  sen entrar en ningunha outra consideración.
Non entrándose a valorar o por qué entón se reflectiu no Acta que o reconto de votos se fixo ás 22:00 horas, nin en onde se fixo tal reconto, xa que este segundo extremo resulta secundario, unha vez resolto o anterior punto. Se ben se entende oportuno, unha vez mais,  recordarlle á FGPC que o horario de actuación da Mesa Electoral, segundo o artigo 6 do seu propio Regulamento Electoral , debe ser de 18:00 a 22:00 horas.

CUARTO.-  E xa por último, en tanto en canto tamén é cuestión que afecta ás formas do proceso, entrar na análise do controvertido modo de voto establecido para o estamento de deportistas na circunscrición de Lugo, toda vez segundo se invoca polo Sr. Gayoso, se sostén por un terceiro (cal é o Secretario da Xunta Electoral, a título individual), se admite polo propio Presidente da Xunta Electoral, e resulta do propio cómputo de votantes e de votos (46 e 92, respectivamente) no caso destas votacións en Lugo, en lugar de marcarse nas papeletas un só candidato, déronse instrucións de que había que votar a dous dos tres candidatos que se presentaban, para evitar a nulidade do voto, en verbas textuais do Presidente da Xunta Electoral, reflectidas no seu Informe ao Expediente.
Sen entrar, nembargante, en consideracións que afectan a quen deu a orden -ou indicación-, nese sentido, nin no por qué da mesma, o que si se desprende do Expediente é que tal indicación efectivamente existiu en Lugo, e non nas restantes tres provincias galegas.
Xeito de actuar que, a todas luces, resulta irregular, toda vez a FGPC ten ámbito autonómico, debendo de rexerse todas as circunscricións electorais polas mesmas normas, como resulta elemental.
Pola mesma razón, as eleccións ao estamento de deportistas na circunscrición de Lugo deberán de seguir exactamente as mesmas normas que se seguiron nas de A Coruña, Ourense e Pontevedra, debendo marcarse polos votantes un só dos candidatos a deportistas,  xa que o contrario supón competir en desigualdade de condicións (como acertadamente dicía nas súas consideracións o Secretario da Xunta Electoral, Sr. Rodríguez Guerra), ademais de  desvirtuar a esencia mesma do proceso democrático electoral.
Polo exposto, vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

O Comité RESUELVE: estimar os recursos acumulados baixo o nº 89/10-PEF, presentados por D. Óscar Gayoso Castro e D. Eduardo Palacios Masede, polos que recorrían contra a desestimación, por silencio, dos previos recursos presentados pola súa parte perante a Xunta Electoral da Federación Galega de Pesca e Casting en data 13 de decembro de 2010, de tal xeito que as votacións para representantes á Asemblea Xeral de tal Federación, polo estamento de deportistas, na circunscrición de Lugo deberán repetirse, debendo de sinalarse pola Xunta Electoral data ao efecto na cal deberá constituírse en forma a Mesa Electoral, e debendo de celebrarse as mesmas consonte ás mesmas normas seguidas nas circunscricións de A Coruña, Ourense e Pontevedra, isto é, marcando os votantes un só candidato nas súas papeletas. Todo elo cos efectos derivados de tal votación nos actos subseguintes do proceso electoral.
Contra esta resolución poderase interpoñer Recurso Contencioso Administrativo perante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no  prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta (artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 6 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e  do  Procedemento Administrativo Común).

Dna. Mª Luisa Vázquez Silvosa, Secretaria do Comité Galego de Xustiza Deportiva

CERTIFICA:
Que no Pleno do devandito Comité en sesión celebrada o día 28 de xaneiro de 2011 na cidade de Santiago de Compostela, se acordou a referida resolución, o que lle notifico a Vd. na súa condición de parte interesada para o seu debido cumprimento.
En Santiago de Compostela, a 8 de febrero de 2011.

 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar