registro usuarios

redes sociales 2

FacebookGoogle BookmarksRSS Feed

Simple Responsive Menu

clima en la coruña

El tiempo - Tutiempo.net

fases lunares

 

calendario

Febrero 2018
4LMMJVSD
051234
06567891011
0712131415161718
0819202122232425
09262728

reloj

Alternative flash content

Requirements

Get Adobe Flash player

noticias recientes

enlaces a webs amigas

logo miguel pesca

 

surfcasting

 

logo cabecera


Breadcrumbs

contador de visitas

11006
hoyhoy396
ayerayer393
esta semanaesta semana1465
este meseste mes8927
totalestotales11006

quien esta conectado

Hay 975 invitados y ningún miembro en línea

CONVENIO DEL CLUB SALMO CON MEDIO AMBIENTE

Submit to FacebookSubmit to Google PlusSubmit to Twitter
Print Friendly, PDF & Email

CONVENIO DEL CLUB SALMO CON MEDIO AMBIENTE

 

image_gallery

Medio Ambiente destina máis de 70.000 euros para os traballos da primeira fase de recuperación dun couto no río Xallas
A conselleira de Medio Ambiente e a presidenta do Club de Pesca Deportiva Salmo asinaron un convenio de colaboración para a recuperación ecolóxica e posta en valor dun tramo de río de grande interese para a pesca fluvial
Este investimento é froito da indemnización imposta polo baleirado do encoro de Fervenza, e busca a reparación do equilibrio ecolóxico perturbado

Santiago, 22 de xullo de 2014.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e a presidenta do Club de Pesca Deportiva Salmo, Margarita Fernández, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de distintas actuacións no río Xallas, que implica un investimento de 70.000 euros. Esta contía é froito da indemnización que ingresou a Xunta de Galicia en cumprimento dunha sentencia e para responder da responsabilidade civil polos danos no ecosistema do Xallas debido ao baleirado do encoro de Fervenza no ano 2007.

Así pois, a Xunta –a través de Augas de Galicia e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza- aportará o 100% do orzamento necesario para o financiamento dos traballos desta primeira fase e exercerá o control das actividades realizadas en colaboración co Club de Pesca Deportiva Salmo e tamén nomeará a un vixilante xurado de pesca fluvial, a proposta do Club de Pesca Deportiva Salmo, así como aprobar o informe resumo anual elaborado polo Club de Pesca Deportiva Salmo.

A contía desta colaboración é o importe dunha sentenza na que se condena a Ferroatlántica polos danos ocasionados na contorna do embalse da Fervenza, na conca do río Xallas. Con este orzamento promoveranse actuacións e proxectos que permitan asegurar a reparación do equilibrio ecolóxico perturbado.

Pola súa parte, o Club de Pesca Deportiva, ao igual que a Xunta, ten interese en realizar actuacións conxuntas para a recuperación do coto de pesca do río Xallas, xa que contan con experiencia, persoal e medios que actuando en conxunto e aproveitando sinerxias, son suficientes para realizar actuacións de recuperación no río afectado.

As actuacións de orde biolóxico para a recuperación do ecosistema fluvial serán principalmente unha serie de estudos previos ao inicio da primeira tempada de pesca, xa realizados, tales como avaliación das poboacións de peixes, unha análise de presións antrópicas, unha análise socioeconómico do acoutado nas tempadas anteriores, un diagnóstico global, e a elaboración e redacción do plan de xestión do acoutado.

Así mesmo, en seguimento do plan, realizaranse estudos e toma de datos cada tempada da expedición de permisos e enquisas, investigarase o grao de ocupación do hábitat mediante radiomarcado, e realizaranse unha serie de mostraxes periódicas mediante enquisas de ribeira. Tamén se avaliarán as poboacións de peixes ao remate da tempada: densidades, biomasas, estrutura demográfica, crecementos, taxas de supervivencia, etc.

Por outro lado, establécense unha serie de medidas complementarias como son o establecemento dun Plan de vixilancia no tramo de río afectado, a sinalización informativa e unha actuación sobre o entorno para favorecer o achegamento e coñecemento do río, que integrará sendas, pasarelas, puntos de acceso ao río, eliminación de barreiras á mobilidade, etc; e unha campaña de información do río Xallas así como de trípticos explicativos do plan de xestión.

You have no rights to post comments